IES MARÍA SARMIENTO. VIVEIRO-LUGO

Departamento de Xeografía e Historia

26/9/10

EXPOSICIÓN: UN NAUFRAXIO NA MEMORIA

No marco da invasión francesa de 1808, Galicia tamén creou Xuntas para opoñerse ó invasor. A Xunta Suprema e Gubernativa do Reino de Galicia asume o poder central, tanto civil como militar, e ha ser obedecida polas Xuntas locais.
En xaneiro de 1809, as tropas francesas entran en Galicia. A resistencia incial foi escasa de xeito que o invasor ocupou Galicia en menos de un mes. Unha das batallas importantes foi a de Elviña (Coruña): o exército inglés en retirada debía embarcar cara ó seu país, pero o mal tempo impediu a operación e houbo de enfrontarse ós franceses. O intento de resistir o ataque francés foi un fracaso.

En Viveiro déronse dous feitos de interese:

- en xaneiro de 1809, tropas francesas de cabalería ó mando do comandante Marssan ocupan a vila, a primeiros do mes seguintes, súmanse 400 soldados de infantería. Quedan acantonados no convento de San Francisco, onde fixeron grandes destrozos.
Inmediatamente, veciños doutras parroquias circundantes reúnense na feira de Galdo para atacar ás tropas da vila. O ataque prodúcese o día 8 , día previsto para o xuramento de fidelidade a Xosé Bonaparte, partindo do barrio do Cristo dos Malates. Derrotan ós dragóns franceses -a infantería partira xa antes- que fuxen (8 foron mortos e 48 presos nunha balandra anclada no porto de Celeiro).
Pero a represalia francesa non se fixo esperar: en febreiro, tropas procedentes de Ferrol e Mondoñedo ocupan de novo a vila de Viveiro que foi sometida a saqueo de tres días e sete horas.

- o naufraxio do bergantín Palomo e da fragata Magdalena na praia de Covas o día 2 de novembro de 1810 nas praias de Covas e de Sacido. Sobre este suceso versa a exposición organizada polo Concello no Conservatorio.
Unha escuadra anglo-española partiu da Coruña en outubro có obxetivo de tomar Santoña para crear ali un centro de operacións para todo o Cantábrico. A participación española aestaba fomada pola fragata Magdalena, o bergantín Palomo, dúas goletas, catro canoneiras e outros barcos de transporte.

Maqueta da Fragata Magadalena no Museo Naval de Ferrol
Foi construída nos arsenais de Ferrol a finais do século XVII.
Artillada con 42 canóns
Estivo destinada ó corso antes de incorporarse á Escadra Cántabra
Información de codaste.blogspot.com

Tras do desembarco e ocupación de Xixón, arriban a Santoña cun temporal que causa desperfectos e afunde algúns barcos. A reacción francesa forza á flota a poñer rumbo oeste e buscar refuxio en Viveiro, lugar previamente sinalado como punto de encontro en caso de calquera continxencia.
Os primeiros barcos en chegar, a finais de outubro, son a Magdalena e o Palomo xunto con dous transportes, logo irían sumándose outros. O tempo, en principio de bonanza, rola a temporal de noroeste.

Calcúlase que o número de mortos superou os 850, entre xentes da dotación e xentes da tropa embarcada, sendo a maioría soterrados no cemiterio de Covas.
Na honra das vítimas, levantouse, no 1934, un monumento conmemorativo na praia de Covas, nos Castelos. Na inscripción reza: A los 550 náufragos del Bergantín Palomo y de la Fragata Magdalena sucumbidos en esta playa el 2 de noviembre de 1810.